Gallego

por Ricardo Pichel Gotérrez

CREDO

Creo na Vida Nai todopoderosa

creadora dos ceos e da Terra.

Creo no Home, o seu avanzado Fillo

concibido en afervoada evolución,

progresando a pesar dos Pilatos

e inventores de dogmas represores

para oprimir a Vida e sepultala.

Pero a Vida sempre resucita

e o Home segue en marcha cara ao mañá.

Creo nos horizontes do espírito

que é a enerxía cósmica do mundo.

Creo na Humanidade sempre ascendente.

Creo na Vida perdurábel.            Amén.